Xestionamos distintos tipos de corentenas e illamentos:
Os refuxios están ao dispor das autoridades competentes, a condición de que teñan dispoñibilidade de espazo para o ingreso do animal ou animais en illamento e corentena, para atender a recollida solicitada por outras administracións públicas, como as que poida derivar nos puntos de entrada do aeroporto e/ou do porto.
O equipo veterinario avalíaos o máis axiña posible para pautar o tratamento adecuado canto antes.
Unha vez que xa estean en corentena realizamos minucioso seguimento para detectar e proceder ao tratamento de calquera posible enfermidade.
En caso de gravidade suficiente derivamos á clínica concertada con servizo 24 h. En caso contrario é o noso equipo veterinario quen atende no seu horario laboral.
Temos experiencia, entre outros, con animais vidos desde outros países coas súas familias, algúns deles procedentes de Ucraína con motivo da guerra.
Os desprazamentos de animais de compañía están regulados por normas sanitarias que tratan de garantir a súa propia saúde e a das persoas.
Por iso é importante verificar que cumpren todos os requisitos, xa que o seu incumprimento daría lugar á inmobilización en instalacións de corentena, á súa reexpedición ao país de orixe, ou mesmo como última opción á súa eutanasia.