O Refuxio de animais de Mougá é un centro dedicado a acoller animais domésticos que precisan unha nova familia, un novo fogar.
Damos servizo as 24 horas do día durante todo o ano para atender e recoller animais domésticos que están perdidos ou abandonados.
O refuxio está legalmente autorizado para a tramitación de adopcións.
O noso equipo ten experiencia na xestión responsable de adopcións e facemos todo o posible para axudar os cans e gatos que chegan ao refuxio para que atopen a súa nova familia ideal canto antes.
Un exemplo dos máis de 200 cans e gatos que anualmente atopan un novo fogar é Duna, agora Hope, que vive feliz coa súa nova familia que non dubidou en adoptala a pesar de precisar unha cadeira para desprazarse como consecuencia dos malos tratos sufridos.
Os municipios integrantes da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) son plenamente conscientes da importancia da protección dos dereitos e o benestar dos animais, así como do papel fundamental das persoas na tenza responsable e na condena e persecución dos malos tratos e abandono.
Máis do 95 % dos cans rescatados cos datos de microchip actualizados regresaron coas súas familias no mesmo momento e lugar da recollida, sen poñer unha pata no Refuxio
882 animais aloxáronse no Refuxio baixo o noso coidado
Recollemos 321 cans e 411 gatos
Xestionamos 332 adopcións de cans e gatos, nacionais e internacionais
A estancia media dos animais aloxados no Refuxio foi inferior a 180 días
Atendemos máis de 925 de gatos de colonias
Realizamos máis de 1.140 cirurxías no quirófano do Refuxio
Organizamos e participamos en actividades relacionadas con tenza responsable e benestar animal, promovidas por iniciativa propia e polas administracións
Os cans aloxados no Refuxio gozaron dunha andaina ao mes. Esta actividade é posible grazas ao convenio asinado coa Asociación Canina Narónkan para lle dar visibilidade á situación dos cans do Refuxio, favorecer o seu esparexemento e socialización
Máis do 95 % dos cans rescatados cos datos de microchip actualizados regresaron coas súas familias no mesmo momento e lugar da recollida, sen poñer unha pata no Refuxio
887 animais aloxáronse no Refuxio baixo o noso coidado
Xestionamos un total de 295 adopcións, nacionais e internacionais
A estancia media dos animais aloxados no Refuxio foi inferior a 180 días
Atendemos máis de 1.175 de gatos de colonias
Realizamos máis de 1.000 cirurxías no quirófano do Refuxio
Organizamos e participamos en actividades relacionadas con tenza responsable e benestar animal, promovidas por iniciativa propia e polas administracións
Os cans aloxados no Refuxio gozaron dunha andaina ao mes. Esta actividade é posible grazas ao convenio asinado coa Asociación Canina Narónkan para dar visibilidade á situación dos cans do Refuxio, favorecer o seu esparexemento e socialización