Xestión de refuxios

Recollida, aloxamento, coidado e recuperación física e psíquica de animais domésticos

A formación e o respecto aos animais son as nosas insignias

O noso equipo está en continua formación e actualización

Xestionamos refuxios.

Encargámonos da recollida (lacería), o aloxamento, o coidado e a recuperación física e psíquica dos animais domésticos extraviados ou abandonados recollidos na vía pública daqueles municipios para os que as administracións teñen contratados os nosos servizos.
Traballamos sobre todo con cans e gatos, pero tamén con cabalos, ovellas, cabras e outros.

Cando se trata de animais extraviados, sempre que é posible, contactamos coa súa familia desde o mesmo lugar da recollida para realizar a entrega sen que poñan unha pata no refuxio.

Entendemos que é unha forma de poñer en valor a identificación con microchip e favorecer o benestar dos animais.

Os animais non identificados nin reclamados permanecen baixo o noso coidado ata que transcorran os prazos legais, estean desparasitados, vacinados, esterilizados (se é posible por idade e situación sanitaria) e se atopen en óptimas condicións para regresar á súa colonia ou ir ao seu novo fogar.

No caso de gatos de colonias e cans abandonados é habitual que teñan que permanecer hospitalizados un tempo ata recuperarse de feridas e intervencións cirúrxicas, pois é moi frecuente que cheguen con tumores mamarios, fracturas varias por atropelos, fracturas de padal por caídas de grande altura etc.

Todos os membros do noso equipo somos auxiliares veterinarios ou veterinarios con formación en benestar animal e específica para o manexo, atención e coidado de animais, comportamento animal, lexislación, prevención de riscos…

A formación e o respecto aos animais son as nosas insignias, polo que estamos en continua formación e actualización.
Todos temos licenza para a tenza, condución e custodia de animais potencialmente perigosos e os seus cruzamentos.

Tamén estamos autorizados pola Administración para o transporte de animais.

Dispoñemos das autorizacións e homologacións para o transporte de animais vivos da especie canina, felina, equina, ovina e caprina e tamén autorización SANDACH para a xestión dos animais recolleitos xa falecidos na vía pública.