Ser fogar de acollida mostra gran xenerosidade

Somos conscientes de que é temporal e que as despedidas son moi duras pero é o mellor agasallo para eles!

Referímonos como fogares de acollida aos domicilios particulares das persoas ás que lles confiamos o coidado temporal de animais.
Estas persoas garanten, sen recibir retribución ningunha, a súa atención e mantemento en boas condicións físicas, psíquicas e hixiénico-sanitarias.
Durante o tempo que dure a acollida farémonos cargo dos seus gastos, así como das revisións veterinarias e os tratamentos oportunos desde o propio refuxio.
A acollida temporal sempre é de común acordo e unicamente para casos especiais e declarados aptos polo equipo veterinario do centro, como:

  • Expedientes activos por denuncias, tanto por vía administrativa como penal.
  • Animais con enfermidades crónicas non recuperables.
  • Animais con caracteres fortes e cuxa adopción sexa dubidosa. A modo de exemplo, aqueles cuxos adoptantes convivan xa con outros e cos que non puidese ser testado no centro (cabras, ovellas, cabalos…).
  • Para corentenas e inspeccións necesarias en caso de adopcións internacionais. 

 

En todo caso sempre ten que existir o firme compromiso de retornar inmediatamente ao refuxio o animal ou animais acollidos no caso de que a súa familia o reclame ou haxa unha persoa interesada na súa adopción