Somos
Más Cuidados

Un equipo de profesionais comprometidos co benestar animal e das persoas

Gústanos o noso traballo!

Permítenos ser fieis aos nosos principios e levalos á práctica

Más Cuidados Multiservicios integrámolo un equipo de veterinarios e auxiliares veterinarios con formación en benestar animal e específica, entre outras, para o manexo, atención e coidado de animais, comportamento animal, lexislación e prevención de riscos.

Todos temos licenza para a tenza, condución e custodia de animais potencialmente perigosos e os seus cruzamento.

Tamén estamos autorizados pola Administración para o transporte de animais.

Ademais, contamos con experiencia previa no coidado profesional de animais de compañía, en protectoras de animais, hoteis e residencias de mascotas e/ou no sector veterinario.

Más Cuidados é compromiso co benestar animal e das persoas.

Eles son algúns dos bichiños que estiveron baixo o noso coidado e agora viven así de ben coa súa nova familia