Socorro, rescate e evacuación en condicións adversas

Axudándonos da nosa paixón pola práctica de escalada, canoas, mergullo, espeleoloxía...

Estamos capacitados para proporcionar as primeiras atencións in situ

A animais feridos, atrapados... en plena natureza, en lugares que para outras persoas resultarían inalcanzables

Somos deportistas federados e experimentados na práctica de escalada, canoas, mergullo, espeleoloxía…

Temos formación e experiencia veterinaria, en benestar animal e específica, entre outras, para o manexo, atención e coidado de animais, comportamento animal e prevención de riscos.

Dispoñemos de licenza para a tenza, condución e custodia de animais potencialmente perigosos e os seus cruzamentos e estamos autorizados pola Administración para o transporte de animais.

A nosa formación e experiencia habilítanos para proporcionar primeiras atencións in situ, facilitar o rescate e evacuación de animais desde lugares que para outras persoas resultarían inalcanzables.

A práctica de deportes na natureza permítenos facilitar socorro, rescate e o benestar animal tamén en condicións adversas.