O noso equipo encárgase da xestión das denuncias asociadas aos animais que chegan ao refuxio por casos de abandono e/ou con signos de malos tratos.
Tamén asesoramos os corpos de seguridade e á Administración pública nas actuacións e posibles denuncias por vía penal e/ou administrativa de casos de malos tratos, alteracións dos indicadores de benestar e/ou abandono, desde o ámbito legal e veterinario.
Tristemente son moitos os animais que chegan a nós nun estado lamentable.
Desde 2019 tramitamos un gran número de denuncias, quizais una das máis mediáticas foi a de Duna, agora Hope. Neste caso, foi por vía penal.
A Duna recollémola despois de que a lanzasen a unha leira por encima dun muro de 2 metros de alto.
O impacto da caída provocoulle unha importante fractura na columna.
No fallo xudicial consideraron probado que a persoa agora condenada lanzou a Duna con violencia desde a vía pública ao interior dunha leira privada a máis de dous metros e medio metros de altura e que por mor do impacto a cadeliña sufriu unha grave lesión traumática que lle impide sosterse sobre as patas traseiras, polo que necesita un carriño para poder desprazarse.
A sentenza condenou a responsable deste acto de malos tratos animais a once meses de prisión.
Duna, agora chámase Hope, e vive feliz coa familia británica que a adoptou sen importarlle a súa discapacidade.
A pequena ten os seus propios perfís en redes sociais que nos permiten seguir a súa día a día.