Gestión de fogares de acollida

Para coidado temporal de casos especiais

Co firme compromiso de retornar inmediatamente o animal

Se o reclama a súa familia ou hai unha persoa interesada na súa adopción

Referímonos como fogares de acollida aos domicilios particulares das persoas ás que lles confiamos o coidado temporal de animais.

Estas persoas garántennos, sen recibir retribución ningunha, atención e mantemento en boas condicións físicas, psíquicas e hixiénico-sanitarias.

Ser fogar de acollida é unha gran responsabilidade e, por iso, seleccionamos moi coidadosamente tanto cada unha das propostas recibidas como o animal asignado a cada unha delas.

A acollida temporal sempre é de común acordo e unicamente para animais declarados aptos polo equipo veterinario do centro.

Normalmente recorremos a fogares de acollida nos seguintes casos:

  • Expedientes activos por denuncias tanto por vía administrativa como penal. Sempre que a incautación xa fose ratificada e a acollida autorizada, poderán convivir nun fogar de acollida ata a resolución do expediente.
  • Animais con enfermidades crónicas non recuperables, para darlles a oportunidade de coñecer unha vida en familia antes do fin da súa vida.
  • Animais con carácteres fortes e cuxa adopción sexa dubidosa. A modo de exemplo, casos cuxos adoptantes teñan máis animais cos que o can non poida ser testado no centro (cabras, ovellas, cabalos…) xestionarase unha acollida temporal para determinar se a adopción nese fogar é viable ou non.
  • Animais que vaian viaxar para unha adopción noutro país. Neste caso a acollida durará ata 3 días antes da viaxe, nos que ten que estar en corentena e inspeccionado.

Durante o tempo que o animal estea en acollida facémonos cargo dos seus gastos. As revisións veterinarias e os tratamentos oportunos realízanse no propio refuxio.

O domicilio proposto debe reunir condicións de espazo, localización, sanitarias, ambientais e de seguridade adecuadas para proporcionar unha contorna adecuada ás necesidades do animal e evitarlles molestias aos veciños ou a terceiras persoas.

No caso de leiras comprobarase que o peche é suficientemente seguro. Terase en conta tamén, no caso das comunidades de veciños ou inmobles en alugueiro, que non impida a convivencia con animais.

Por suposto, nunca admitimos como fogares de acollida aqueles nos que resida algunha persoa que se atope inhabilitada para a tenza de animais, nin que se vira involucrada en infraccións en materia de tenza de animais e/ou de seguridade cidadá.

En todo caso ademais, sempre ten que existir o firme compromiso de:

Retornar inmediatamente el animal o animales acogidos al refugio en caso de que aparezca su familia o haya una persona interesada en su adopción.

  • Retornar inmediatamente o animal ou animais acollidos ao refuxio no caso de que apareza a súa familia ou haxa unha persoa interesada na súa adopción.
  • Comunicar ao refuxio de maneira inmediata calquera incidencia que se produza en relación co animal ou animais acollidos.
  • Manter en todo momento actualizados os datos de contacto e comunicar calquera variación que se produza.
  • Permitir o acceso ao domicilio proposto como fogar de acollida ao persoal autorizado para realizar o seguimento e as inspeccións correspondentes ao estado dos animais acollidos.

De constatarse a non idoneidade ou o incumprimento dos requisitos establecidos perderase a condición de fogar de acollida e implicará a perda da custodia provisional dos animais acollidos, que regresarán inmediatamente ao refuxio.