Formación en benestar animal

Para corpos de seguridade e traballadores das administracións públicas

Claves para un adecuado manexo

En actuacións con animais extraviados ou abandonados

Impartimos formación e facilitámoslles asesoramento específico en benestar animal aos corpos de seguridade e administracións públicas.

O obxecto desta formación é lograr o seu coñecemento no manexo dos animais e maior implicación no seu benestar.
Sempre lles mostramos en que consiste o día a día dun refuxio de animais, desde a recollida ata a entrega dos animais extraviados ás súas familias ou ás novas familias no caso dos animais sen fogar ou abandonados.

Facilitamos tamén as claves para as actuacións ante un animal extraviado ou abandonado e o seu adecuado manexo.

Outras temáticas:

  • A lexislación que afecta o benestar animal.
  • A función do corpo de policía e a Administración no benestar animal.
  • Denuncias por vía administrativa e/ou penal.
  • Comisos.
  • Cans potencialmente perigosos.
  • Lei da propiedade privada.
  • Saúde, conduta e benestar animal.
  • Malos tratos animais: tipos, detección, valoración e como intervir.